- Configurar a accesibilidade no móbil
Os dispositivos móbiles Android e iOS dispoñen de características de accesibilidade que se poden configurar no apartado de axustes do sistema. Pódese modificar o tamaño do texto, o contraste das cores da pantalla, usar comandos de voz e ler o contido mediante as ferramentas Talkback ou VoiceOver. Para coñecer máis sobre todas as opcións de axuste da accesibilidade en ambos os sistemas pódese consultar a guía de accesibilidade de Apple e a guía de axuda de Accesibilidade de Android.
Centro de Intermediación telefónica
As persoas con discapacidade auditiva e/ou de fonación dispoñen do Centro de Intermediación telefónica para poder realizar chamadas para trámites administrativos. Para poder chamar ao noso servizo de atención telefónica poden facer uso do Centro de Intermediación Telefónica para garantir unha comunicación efectiva co servizo a través dun intérprete. Dispón de máis información no Servizo CIT (Centro de Intermediación Telefónica)
A versión actualmente visible desta aplicación móbil é de [data da versión]. Realizouse unha revisión do nivel de accesibilidade en [data da revisión] , sen producirse cambios que afecten á accesibilidade desde entón.
- Política de accesibilidade
En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal, a Axencia Estatal de Administración Dixital (AEAD) traballa para garantir que a cidadanía –con especial atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores-, que se relacionan con ela a través de Internet poidan acceder á información e os servizos electrónicos en igualdade de condicións con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos. É dicir, que poidan navegar sen atopar dificultades de acceso por este sitio web e as aplicacións móbiles.
A política de accesibilidade aplicada pola Axencia Estatal de Administración Dixital (AEAD) está en liña coas esixencias do "Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público".
- Compromiso coa accesibilidade
A pesar do esforzo realizado pola Axencia Estatal de Administración Dixital (AEAD), puidese existir algún contido que non cumpra as pautas de accesibilidade esixibles. Se vostede atopase algunha pantalla, páxina, documento ou formulario que non cumprise co establecido, ou ao que non puidese acceder correctamente, ou ben desexase formular calquera suxestión, por favor, facer saber mediante o enchemento e envío do seguinte formulario: formulario de contacto, https://centrodeservicios.redsara.es/axuda/consulta/Funciona.